Horta na túa casa

Dende o Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns (CIPX) ofértase unha actividade gratuita sobre horticultura na casa.

A actividade é de hora e media de duración, polo que se fai nun só día. Para realizar a inscripción deberáse escoller un día concreto, venres ou sábado, para apuntarse. Os días de realización desta actividade son os venres pola tarde (de 17:00 h. a 18:30 h. ) ou os sábados pola mañá (de 11:30 h. a 13:00 h.).

O primeiro día é o venres sería o 14 de abril, pero ten ata finais de xuño para elixir xa que, de momento, hai prazas dispoñibles tódolos días.

As actividades serán impartidas no parque de Belvís, dentro do Centro de Interpretación de Parques e Xardíns.

Se desexa inscribirse na actividade, pode realizalo por:

  • E-mail a ilopez@prezero.es indicando os seus datos de contacto, a data elixida para realizar o taller de horticultura e o número de persoas participantes, no caso en que desexe vir en compañía de máis xente.
  • Chamada telefónica a 661406965

Tamén pódese chamar o mesmo teléfono para calquera consulta

Ten máis información sobre esta actividade consultando a seguinte páxina web:

https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/horta-na-tua-casa/

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.