Acondicionamento en Pardaces de Abaixo

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase de que veñen de acabar, fai uns días, as obras de acondicionamento de Pardaces de Abaixo así coma a sinalización vertical do vial co cal se accede o núcleo no que se realizou a actuación.

Execútase así, unha obra demandada, dende fai varios anos, pola veciñanza do lugar para paliar os problemas de asolagamentos que se viñan dando principalmente en inverno. Completouse a obra, ca sinalización vertical do vial de acceso, demanda trasladada pola veciñanza na última asamblea ordinaria da asociación de veciños e veciñas.

Esperamos que ésta actuación solucione os problemas existentes e mellore o acceso tanto ó propio núcleo coma as vivendas sitas no lugar.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.