Charla de Seguridade Peonil

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase da convocatoria dunha charla de Seguridade Peonil que se realizará no CSC A Peregrina por parte da Policia Local do Concello de Santiago de Compostela.

Dita charla realízase para reforzar a normativa de seguridade vial orientada a peatóns agora que, cos días máis grandes, nos animamos a dar un paseo pola nosa parroquia.

A charla está programada en hora para as 19:00 h. pero queda pendente de fixar o día (entre luns e venres) en función da dispoñibilidade por parte da Policia Local. Por limitación de aforo, vamos a solicitar unha pre-inscripción na mesma, a cal se poderá realizar por:

  • E-mail a aavvriosarela@aperegrina.org
  • Teléfono/WhatsApp a 648 901 791

A data límite de preinscipción é o 30 de Abril do 2023 xa que está previsto que a charla teña lugar no mes de Maio.

A actividade será gratuita e os asistentes terán un pequeno agasallo.

Esperamos a vosa participación!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.