A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, unha excursión á Ribeira Sacra (Ourense) dentro do programa Descubre Galicia.

Dita viaxe está programada para o sábado 10 de Xuño do 2023 cun programa que incluirá a visita a Castro Caldelas, Monforte de Lemos e o mirador de “Souto Chao”, ademáis dunha visita guiada a unha adega con cata de viños e unha ruta en catamarán polos Cañóns do Sil. A comida estará incluida na viaxe. En toda a viaxe se estará acompañado por un guia oficial que nos explicará historias, costumes, etc,… de todas as visitas que se realicen.
Reserva a túa praza ata o 15 de Maio do 2023 a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos, teléfono de contacto, DNI e data de nacemento dos viaxeiros.
O prezo da viaxe estará condicionado polo número de viaxeiros que se anoten (oscilará entre 50€ e 58€, según idades e número de viaxeiros (o prezo para menores de 7 anos oscilará entre 37€ e 45€))
No caso de que o número de viaxeiros supere as 40 persoas, xa se establecerán os prezos definitivos e se habilitará un periodo de pago do 15 de Maio o 31 de Maio do 2023 (informaráse no seu momento do método de pago). Noutro caso, a excursión será cancelada o non cubrir un mínimo solicitado.
Non esperes máis e apúntate!!!!!!