O vindeiro 31 de Maio do 2023 finaliza o prazo para a limpeza de perímetros de seguridade de 50 metros en torno ás casas ou núcleos poboados de toda Galicia como medida preventiva contra o lume.
A AA.VV. Rio Sarela en colaboración ca Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia organiza un seminario de Xestión Forestal sobre as Faixas de protección contra incendios forestais.

O obxectivo da charla é informar a todos os veciños e veciñas das obrigas dos propietarios de masas forestaís de manter limpas as fincas de cara ó próximo vrao, ante as dubidas trasladadas por parte da veciñanza.
O seminario será impartido por técnicos especialistas da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e no mesmo se aclararán todas as dúbidas que se poidan ter acerca de como xestionar as fincas afectadas, no referente a que especies se deben cortar, cales non, re-poboación das fincas,…
Ésta charla é de máximo interés para os propietarios de masas forestais na nosa parroquia e limítrofes, que teñan as propiedades a carón de núcleos de poboación. Asimesmo a charla tamén está aberta a público en xeral.
De cara a que haxa a maior afluencia posible, prográmase o acto para o venres 26 de Maio do 2023 as 20:30 h. no CSC A Peregrina
Esperamos a vosa participación!!!