Xestión forestal – Faixas de protección contra incendios forestais

Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos agradecer a asistencia e participación da veciñanza na charla de Xestión forestal – Faixas de protección contra incendios forestais celebrada o pasado 26 de Maio do 2023

Asimesmo darlle as gracias tamén os técnicos do Distrito Forestal III da Xunta de Galicia que nos explicaron todo o relativo a xestión forestal, e aclararon dúbidas ó respecto dos participantes.

Por unha parte, queremos difundir tanto o material sobre o cal se baseou a charla, así coma a URL da páxina de Aproveitamentos Forestais (https://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/) que tamén foi revisada no transcurso da charla.

Coma ben comentaron os técnicos do Distrito Forestal III da Xunta de Galicia, quedan a nosa disposición para toda a veciñanza para aclarar dúbidas que poidan xurxir. En caso necesario, a AA.VV. Rio Sarela dispón dos contactos dos técnicos para contactar con eles e poder solventar as dúbidas existentes.

Grazas pola vosa colaboración!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.