Ven de chegar a oferta de actividades do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2023/2024 que se desenrolarán no CSC A Peregrina.

As actividades son as seguintes:
Actividades Infantís
Enredando (espazo infantil): Luns e Xoves de 18:00 h a 20:00 h. (15 prazas – Gratuito)
Reforzo Educativo : Martes de 17:00 h. a 19:00 h. (12 prazas – Gratuito)
Actividades Adultos
Baile moderno: Martes de 20:00 h. a 21:00 h. (12 prazas – 12€/trimestre)
Club del pincel: Mércores de 18:00 h. a 19:00 h. (12 prazas – 15€/anual)
Actividades Senior
Espazo Sénior (a nosa memoria): Luns e Xoves de 16:30 h. a 17:30 h. (12 prazas – Gratuito)
Cultiva o corpo: Martes de 16:30 h. a 17:30 h. e xoves de 17:30 h. a 18:30 h. (actividade a cargo de AGADEA)
Actividades informática
Informática para nenos: Venres de 17:00 h. a 18:00 h. (10 prazas – Gratuito)
Club de informática: Venres de 18:00 h. a 19:00 h. (10 prazas – 15€/anual)
No referente a inscripción, indicar que éstas actividades son organizadas polo Concello de Santiago de Compostela polo que a inscripción deberá realizarse preferentemente vía online a través da páxina web santiagodecompostela.gal cubrindo o formulario da sede electrónica. Tamén poderá ser presencial nos propios centros socioculturais.
Os prazos establecidos polo Concello de Santiago de Compostela son os seguintes:
Preinscripción: do 6 ó 21 de Setembro do 2023
Sorteo e publicación de listas de admitidos: 27 de Setembro do 2023 (data de referencia podendo variar en cada centro)
Formalización de matrícula e pagamento: do 28 de Setembro o 13 de Outubro
Comezo das actividades regulares: a partir do 2 de Outubro
Esperamos a participación da veciñanza tanto nestas actividades organizadas polo Concello de Santiago de Compostela como nas actividades propias organizadas pola AA.VV. Rio Sarela.
Apúntate xa!!!!