¡¡IMPORTANTE!! Limpeza do Rio Sarela

Como vimos de informar fai uns días, o próximo día 24 de Setembro as 10:00 h. (punto de encontro no CSC A Peregrina) terá lugar a limpeza dun treito do Rio Sarela, enmarcado na actividade Móllate polos ríos e coma colaboradores do Proxecto Rios.

Mollate polos ríos

Informar que para a participación na actividade é OBRIGATORIO que os maiores de idade se poñan en contacto ca AA.VV. Rio Sarela para trasladarlle o nome compreto, teléfono e DNI. No caso de menores de idade deberán estar acompañados dun adulto. Poden facilitar a información polas canles habituais de e-mail ( aavvriosarela@aperegrina.org ), teléfono ou whatsapp ( 648 901 791 ). A finalidade do rexistro de participantes é trasladalo a entidade organizadora e poder incorporalo o seguro de responsabilidade civil da actividade. O prazo de envio da información finaliza o 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟮𝟮 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼.

No proceso de rexistro dos participantes se trasladará tamén toda a información relativa a actividade, como normas da actividade, vestimenta,…

Esperámosvos o próximo domingo!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.