Proxecto Rios – Rio Sarela

O pasado fin de semán tiveron lugar dúas das actividades vinculadas o Proxecto Rios co cal colabora a AA.VV. Rio Sarela.

O venres 22 de Setembro tivo lugar a recollida de mostras e análise da auga do Rio Sarela. Atendendo os indicadores obtidos calificouse o “estado de saúde” do noso río como bo.

O domingo 24 de Setembro tivo lugar a XVI Limpeza Simultánea de Rios baixo o lema Mollate polos ríos. Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos fomentar entre a veciñanza, e en especial, entre os nosos nenos e nenas a importancia de manter limpo o noso río.

Non podemos esquecer que o coidado do noso patrimonio natural, sobre todo, o que temos máis preto, é unha responsabilidade de todos nós, motivo polo que debemos ser conscientes das consecuencias de tirar o lixo ao río ou na súa contorna.

Dende esta asociación veciñal estamos traballando arreo para que a nosa parroquia conte co equipamento necesario para a recollida dos distintos tipos lixo e o seu correcto depósito, ben a través de contenedores ben sumándonos a iniciativas como son os puntos limpos móbiles. Por esta razón, e sen prexuízo de seguir mellorando, achegámosvos estas imaxes e videos das que fomos participes, e esperamos que nos axuden a tomar conciencia da necesidade de COIDAR O NOSO e depositemos o lixo nos lugares habilitados por toda a parroquia para elo.

Por último, agradecemos sinceramente a implicación de todas aquelas persoas que decidiron participar activamente nestas actividades.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.