Curso de poda de frutais

Dende a AA.VV. Rio Sarela organízase una formación de poda de frutais.

O curso está programado para 8 horas dividido en:

  • Sesión teórica: 24 de Novembro do 2023 de 16:00 h. a 20:00 h. no CSC A Peregrina
  • Sesión práctica: 25 de Novembro do 2023 de 10:00 h. a 14:00 h. en fincas con frutais

O prezo do curso completo é de 10€ (Socios) / 20€ (Non Socios), e está limitado a 15 prazas

A información e inscripción no curso poderá realizarse polas canles habituais de e-mail ( aavvriosarela@aperegrina.org ), ou teléfono/WhatsApp ( 648 90 17 91 )

Información adicional:

  • Os horarios das sesións formativas son orientativos. Informaráse dos horarios definitivos ós inscritos.
  • As fincas onde de realice a sesión práctica poden ser ofertadas polos inscritos no curso ou por veciñanza interesada en que lle poden frutais que posúan.

¡¡Non esperes máis e apúntate!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.