Descubre Galicia – Cocido de Lalín

A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, unha excursión á Lalín (Pontevedra) dentro do programa Descubre Galicia.

Dita viaxe está programada para o domingo 17 de Marzo do 2024 cun programa que incluirá a visita o Museo Etnográfico da Casa do Patrón, Casa Castrexa, Comida con famoso “Cocido de Lalín” na Casa do Patrón e unha visita pola tarde o Pazo de Liñares ou o Pazo de Anzuxao (según dispoñibilidade).

Reserva a túa praza ata o 25 de Febreiro do 2024 a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos e teléfono de contacto dos viaxeiros.

O prezo da viaxe é de 35 € para socios e 40 € para non socios.

No caso de que o número de viaxeiros inscritos NON supere as 30 persoas, será cancelada o non cubrir un mínimo solicitado.

¡¡¡Non esperes máis e apúntate!!!

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Garda a ligazón permanente.