Uso de maquinaria no monte con alto risco de incendio

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos que a Xunta de Galicia ven de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) a orde na que se regula a utilización de maquinaria no monte durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.

Pódese descargar dita orde na ligazón http://aperegrina.org/wp-content/uploads/2026/07/Orde_23_xuno_2026.pdf

A consulta do índice de risco de incendio forestal pódese ver diariamente en https://mediorural.xunta.gal/es/temas/defensa-monte/irdi

Pregamos máxima precaución.

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Uso de maquinaria no monte con alto risco de incendio

Programación de actividades 2026/2027

Damos a coñecer a programación de actividades xestionada pola AA.VV. Rio Sarela para o próximo curso 2026/2027.

Este ano aumentamos a oferta con novas actividades que esperamos que sexan do voso interese. Nos carteis adxuntos a ésta nova está contida toda a información necesaria para poidades solicitar información adicional e inscribiros nas mesmas.

Ademáis, puntualmente ofertaremos actividades puntuais das cales se informarán un mes antes da súa realización.

¡¡¡Anímate e participa!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Programación de actividades 2026/2027

A noite meiga …

Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos agradecer a toda a veciñanza a súa participación na pasada Noite de San Xoán.

Cada vez contamos con maior presenza de veciños e amigos para disfrutar da noite meiga por excelencia. Esperamos que todo o festexo fora do voso agrado. Para o ano máis e mellor, por suposto.

¡¡¡ Grazas, e seguimos facendo parroquia!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en A noite meiga …

Descubre Galicia – Norte de Portugal

O pasado 21 de Xuño do 2026 tivo lugar a unha nova excursión xestionada pola AA.VV. Rio Sarela dentro da actividade Descubre Galicia.

Moito calor, boa compañia e comida para recordar …

Grazas a todos e todas por participar, e a Galicia Travels pola organización.

Dende a AA.VV. Rio Sarela comeza, a partir de agora, ca busca dun novo destino para organizar a seguinte excursión.

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Descubre Galicia – Norte de Portugal

Convocatoria de axudas individuais para o uso do servizo de taxi

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase da convocatoria, por parte do Concello de Santiago de Compostela, de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presenten limitacións para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago para o ano 2026.

O prazo para a solicitude da subvención remata o próximo 7 de Xullo do 2026.

Toda a información e documentación pode revisarse no portal web na ligazón

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Convocatoria de axudas individuais para o uso do servizo de taxi

O Soño do Rato

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos do espectáculo O Soño do Rato organizado polo Concello de Santiago de Compostela.

Hoxe, 25 de Xuño ás 18:30 h. no CSC A Peregrina.

¡¡¡ Esperámoste !!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en O Soño do Rato

Hoxe toca … San Xoán!!!

Non te esquenzas, hoxe a partir das 21:00 h. no CSC A Peregrina vente a celebrar o San Xoán.

¡¡¡Esperámoste!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Hoxe toca … San Xoán!!!

A Peregrina en “Compostela Iconográfica”

O Concello de Santiago de Compostela impulsa unha iniciativa para visibilizar o rural co reparto de manteis ilustrados na hostalaría e trípticos nos centros de ensino.

O proxecto Compostela Iconográfica distribuirá 65.000 manteliños con ilustracións dos atractivos da zona rural de Santiago en bares e restaurantes e 4.500 trípticos e 250 carteis nos centros de ensino. Esta iniciativa enmárcase na estratexia de pór en valor os múltiples atractivos e recursos turísticos cos que conta o concello.

Por A Peregrina elexiuse o Palco da Música sito na Carballeira de A Peregrina. Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos agradecer a toda a parroquia a súa colaboración para facer posible a súa restauración e que agora sexa un dos referentes patrimoniais da nosa parroquia.

¡¡¡Facendo parroquia!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en A Peregrina en “Compostela Iconográfica”

Recollida de Voluminosos

Dende a AA.VV. Rio Sarela recordamos que o Concello de Santiago de Compostela conta cun servizo de recollida de voluminosos a domicilio.

Tes toda a información de teléfono de contacto, horarios,… no portal web en Recollida de Voluminosos.

Asimesmo nos vindeiros dias poñeremos información permanente nos taboleiros existentes na parroquia e no CSC A Peregrina

¡¡¡Usa o servizo, é gratuito!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Recollida de Voluminosos

¡¡¡Un campión en A Peregrina!!!

En A Peregrina estamos de naraboa. David Otero, veciño de Queiroal, vense de proclamar nas últimas datas Campión do Mundo na NAC International 2026 en Letonia e cando xa viña de proclamarse Campión de España a finais do ano pasado.

Dende a AA.VV. Rio Sarela e en xeral dende toda a veciñanza, queremos trasladar a nosa naraboa a David, e que siga coseitando éxitos na súa carreira deportiva.

David, esperamos que sexas o noso convidado de honor na próximo San Xoán 2026 que se celebrará o 23 de Xuño a partir das 21:00 h. no CSC A Peregrina

¡¡¡A por outro campionato, David!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en ¡¡¡Un campión en A Peregrina!!!