Convocatoria de axudas individuais para o uso do servizo de taxi

Dende a AA.VV. Rio Sarela infórmase da convocatoria, por parte do Concello de Santiago de Compostela, de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presenten limitacións para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago para o ano 2026.

O prazo para a solicitude da subvención remata o próximo 7 de Xullo do 2026.

Toda a información e documentación pode revisarse no portal web na ligazón

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Convocatoria de axudas individuais para o uso do servizo de taxi

O Soño do Rato

Dende a AA.VV. Rio Sarela informamos do espectáculo O Soño do Rato organizado polo Concello de Santiago de Compostela.

Hoxe, 25 de Xuño ás 18:30 h. no CSC A Peregrina.

¡¡¡ Esperámoste !!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en O Soño do Rato

Hoxe toca … San Xoán!!!

Non te esquenzas, hoxe a partir das 21:00 h. no CSC A Peregrina vente a celebrar o San Xoán.

¡¡¡Esperámoste!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Hoxe toca … San Xoán!!!

A Peregrina en “Compostela Iconográfica”

O Concello de Santiago de Compostela impulsa unha iniciativa para visibilizar o rural co reparto de manteis ilustrados na hostalaría e trípticos nos centros de ensino.

O proxecto Compostela Iconográfica distribuirá 65.000 manteliños con ilustracións dos atractivos da zona rural de Santiago en bares e restaurantes e 4.500 trípticos e 250 carteis nos centros de ensino. Esta iniciativa enmárcase na estratexia de pór en valor os múltiples atractivos e recursos turísticos cos que conta o concello.

Por A Peregrina elexiuse o Palco da Música sito na Carballeira de A Peregrina. Dende a AA.VV. Rio Sarela queremos agradecer a toda a parroquia a súa colaboración para facer posible a súa restauración e que agora sexa un dos referentes patrimoniais da nosa parroquia.

¡¡¡Facendo parroquia!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en A Peregrina en “Compostela Iconográfica”

Recollida de Voluminosos

Dende a AA.VV. Rio Sarela recordamos que o Concello de Santiago de Compostela conta cun servizo de recollida de voluminosos a domicilio.

Tes toda a información de teléfono de contacto, horarios,… no portal web en Recollida de Voluminosos.

Asimesmo nos vindeiros dias poñeremos información permanente nos taboleiros existentes na parroquia e no CSC A Peregrina

¡¡¡Usa o servizo, é gratuito!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Recollida de Voluminosos

¡¡¡Un campión en A Peregrina!!!

En A Peregrina estamos de naraboa. David Otero, veciño de Queiroal, vense de proclamar nas últimas datas Campión do Mundo na NAC International 2026 en Letonia e cando xa viña de proclamarse Campión de España a finais do ano pasado.

Dende a AA.VV. Rio Sarela e en xeral dende toda a veciñanza, queremos trasladar a nosa naraboa a David, e que siga coseitando éxitos na súa carreira deportiva.

David, esperamos que sexas o noso convidado de honor na próximo San Xoán 2026 que se celebrará o 23 de Xuño a partir das 21:00 h. no CSC A Peregrina

¡¡¡A por outro campionato, David!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en ¡¡¡Un campión en A Peregrina!!!

Noite de San Xoán 2026

E en San Xoán, a sardiña molla o pan …

O vindeiro martes 23 de Xuño a partir das 21:00 h. vente o CSC A Peregrina a desfrutar da Noite de San Xoán.

A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a tradicional noite de San Xoán na que se podrán degustar as sardiñas á brasa así coma chourizos, bebidas variadas, larpeira e café.

A partir das 23:00 h. encenderase a cacharela na zona de parking contigua o CSC A Peregrina.

Ademáis poderás participar no sorteo de tres lotes de regalos, para o cal podes mercar as rifas ó módico prezo de 1 € (donativo).

¡¡¡Convidamos a toda a veciñanza a participar!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Noite de San Xoán 2026

¡¡¡Últimos días!!! Descubre Galicia – Norte de Portugal

Xa quedan poucas prazas para a excursión á Norte de Portugal dentro do programa Descubre Galicia.

Inscríbete ata o 31 de Maio do 2026 a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos e teléfono de contacto dos viaxeiros.

O prezo da viaxe é de 55 € para socios e 60 € para non socios.

¡¡¡Non quedes sen a túa praza!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en ¡¡¡Últimos días!!! Descubre Galicia – Norte de Portugal

Campamentos de verán para a mocidade

Dende AA.VV. Rio Sarela informamos da presentación dos dous campamentos que programa o Concello de Santiago de Compostela para a mocidade.

Por una lado, o campamento urbano Compos-Acción e por outro o Campamento de Surf en Foz.

Tes toda a información nas ligazóns Compos-Acción e Campamento de Surf

¡¡Anímate a participar!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Campamentos de verán para a mocidade

Descubre Galicia – Norte de Portugal

A AA.VV. Rio Sarela organiza, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, unha excursión ó Norte de Portugal dentro do programa Descubre Galicia.

Dita viaxe está programada para o domingo 21 de Xuño do 2026 cun programa que incluirá a viaxe en autobús con comida e visitas a Vila Nova da Cerveira, Miradouro do Cervo , Ponte de Lima e Valença do Miño ( A Fortaleza)

Reserva a túa praza ata o 31 de Maio do 2026 a través de correo electrónico aavvriosarela@aperegrina.org ou ben via telefónica/whatsapp ó teléfono 648901791. É necesario na reserva incluir o nome, apelidos e teléfono de contacto dos viaxeiros.

O prezo da viaxe é de 55 € para socios e 60 € para non socios.

¡¡¡Non esperes máis e apúntate!!!

Publicado en Uncategorized | Comentarios desactivados en Descubre Galicia – Norte de Portugal