En 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.
Dentro do compromiso da AA.VV. Rio Sarela co Medio Ambiente, e aproveitando que na nosa parroquia nace e transcorre por gran parte da mesma o Río Sarela, creemos que é fundamental conservar o noso “patrimonio hidrográfico” e velar polo que o noso principal activo permaneza en perfecto estado de saúde.
A nosa participación no Proxecto Ríos concrétase na realización de dúas inspeccións anuais do Río Sarela, unha na primavera e outra no outono.
As inspeccións consisten na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos.
Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.
No noso caso, o tramo no cal se realizarán as inspeccións será o comprendido dente a ponte do Rio Sarela en A Peregrina ata a confluencia do Río Sarela co Regato dos Vilares.

Para máis información acerca deste proxecto podes visitar a web de Proxecto Ríos