Recollida de Voluminosos

O Concello de Santiago de Compostela conta cun servizo de recollida de voluminosos a domicilio, polo que non hai excusa para deixar abandonado calquer tipo de residuo que non poida ser depositado nos colectores da rúa.

Sempre con aviso previo ao teléfono 981 56 54 69 para concertar o día, hora e lugar da vía pública onde se depositarán previamente a súa recollida.

O horario para avisos de recollida de voluminosos é de 10:00 h. a 13:00 h., de luns a venres.

Se queres achegarte ças instalacións do Punto Limpo, o horario é o seguinte:

  • Luns a venres: de 10:50 h, a 14:00 h. e de 16:00 h. a 19:10 h.
  • Sábado: de 10:50 h. a 18:10 h.